Como todolos anos veñen de publicarse as bases para a selección de proxectos formativos para a Universidade Popular. Poden obtar a eles tanto persoas físicas como xurídicas. Tendo de prazo para a súa presentación entre o 18 de maio e o 8 de xuño de 2017.
Os
proxectos formativos poderán anularse por imposibilidade de
prestación ou por ter menos de 15 persoas matriculadas.
Criterios de selección:
- Calidade do proxecto formativo, e, en particular, o seu grado de innovación e aplicación didáctica aos fins da Universidade Popular (ata 50 puntos)
- Curriculum Vitae do profesorado (titulación, experiencia docente, etc) (ata 20 puntos)
- A inclusión de actividades de carácter novidoso respecto a anos anteriores (ata 10 puntos)
- Adecuación da actividade aos obxectivos da Universidade Popular (ata 10 puntos)
- En caso de que o propoñente impartira docencia na Universidade Popular en cursos anteriores, que a avaliación resultase positiva, e a demanda social que tivo a actividade (ata 10 puntos)
Retribucións dos docentes, segundo a súa formación, etc. Expresando as cantidades en téminos brutos:
- 32 €/ hora as academias e centros de formación
- 25 €/ hora titulados universitarios (a 30 € aportando aula)
- 21 €/ hora artesáns ou con titulacion non universitaria (a 25 € /hora aportando aula)
- No caso dos cursos on line, o profesor/a cobrará 28 €/alumno
Finalmente
as bases poderán consultarse na páxina web da Concellería de Educación de Ourense e no propio
Concello en formato papel.

Moitas grazas pola información.
ResponderEliminarNon imos poder con tantos cursos.Jajaja
Grazas