Se non somos expertos, grazas a todos os enxeñeiros do mundo, existen miles de aplicacións que nos axudan, guían e facilitan horas e horas de traballo.
É por iso, que te vou a suxerir unhas cantas aplicacións para crear os teus vídeos:
- wevideo: Esta aplicación xa conta con máis de dous millóns de usuarios, principalmente profesores e alumnos. O seu editor é recomendable para todas aquelas persoas que se inicien no mundo da edición de vídeo. Ten versión gratuita e de pago.
- videolean: Con esta aplicación podes crear vídeos online, ademáis ten gran variedade de patróns para escoller e traballar. A descarga do vídeo será en baixa resolución, pero menos nos da unha pedra.
- loopster: Este programa é gratuito, pero ollo! está en inglés. Necesita rexistro previo con Facebook ou Google +. É moi sinxelo e abarca os elementos básicos dun vídeo (sons, imaxes, texto e transicións).
- powtoon: Outro programa moi divertido é este. Permite crear presentacións e vídeos animadas. É gratis e é asombroso.
Agardo que sexa de moita axuda este post. Vémonos no seguinte 👋👋👋👋

Gracias Fatima
ResponderEliminarA ver se me aclaro algo, que non teño nin idea