A Amtega abriu o 15
de xuño o prazo de inscrición nas 180 prazas do curso de
teleformación previo ao exame presencial de novembro para a
obtención da certificación galega de competencias dixitais en
ofimática.
Requisitos: ser
maior de 16 anos e estar dado de alta como persoas usuarias da rede
CeMIT. O curso de preparación impártese na modalidade de
teleformación con titorías de apoio, polo que será necesario un
ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación
dende calquera lugar e en calquera momento.
Datas de
realización: do 4 de setembro ao 26 de novembro de 2017.
Prazo de inscrición,
cinco días hábiles a partir do seguinte a publicación da
convocatoria no DOG, é dicir, dende o xoves 15 de xuño ata o
mércores 21 de xuño incluído.
Durante as 12
semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse
nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia,
composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o
módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio
Nacional de certificados de profesionalidade:
- Sistema operativo,
busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30
horas).
- Aplicacións
informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
- Aplicacións
informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
- Aplicacións
informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50
horas).
- Aplicacións
informáticas para presentacións: gráficas de información.
LibreOffice Impress (30 horas).
Finalizado
o prazo de inscrición, realizarase o sorteo público de extración
das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde
alfabética e publicarase a relación provisional de persoas
admitidas na páxina web da rede CeMIT e un número adecuado
de reservas. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco
días hábiles desde a data da publicación na web da relación
provisional a taxa de 10,10€ correspondente aos dereitos de
exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada
taxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Incluye aquí tus comentarios