25 de mayo de 2017

Que é a Garantía Xuvenil?


O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil nace a iniciativa da Unión Europea para facilitar o acceso da xuventude o mercado laboral, recibindo ofertas de traballo ou accións formativas unha vez remados os seus estudos ou de estar en situación de desemprego. Coa reforma de decembro de 2016, os requisitos para inscribirse reducíronse e son os seguintes:
  • Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea residente en España 
  • Estranxeiros titulares de permiso de residencia e traballo

  • Estar empadroado en calquera localidade de España

  • Idade de máis de 16 e menos de 30 anos, no momento de presentar a solicitude.

  • Non haber traballado o día natural anterior o da presentación da solicitude

  • Non haber recibido formación ou educación o día natural anterior o da presentación da solicitude

  • Finalmente hai que adquirir un compromiso de participación activa.
Antes da inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a Administración comprobará que se cumpren os requisitos necesarios para facer efectiva a inscrición.
Adxuntamos imaxe cos datos de contacto da Garantía Xuvenil.


1 comentario:

  1. Gracias por tu información, me ha ayudado mucho para mi búsqueda de trabajo.

    ResponderEliminar

Incluye aquí tus comentarios