O
Sistema Nacional de Garantía Xuvenil nace a iniciativa da Unión
Europea para facilitar o acceso da xuventude o mercado laboral,
recibindo ofertas de traballo ou accións formativas unha vez remados os seus estudos ou de estar en situación de desemprego. Coa
reforma de decembro de 2016, os requisitos para
inscribirse reducíronse e son os seguintes:
- Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea residente en España
Estranxeiros titulares de permiso de residencia e traballo
Estar empadroado en calquera localidade de España
Idade de máis de 16 e menos de 30 anos, no momento de presentar a solicitude.
Non haber traballado o día natural anterior o da presentación da solicitude
Non haber recibido formación ou educación o día natural anterior o da presentación da solicitude
- Finalmente hai que adquirir un compromiso de participación activa.
Antes
da inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a
Administración comprobará que se cumpren os requisitos necesarios
para facer efectiva a inscrición.
Adxuntamos imaxe cos datos de contacto da Garantía Xuvenil.

Gracias por tu información, me ha ayudado mucho para mi búsqueda de trabajo.
ResponderEliminar